ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os dous sindicalistas das Pontes abandonaron a folga de fame que iniciaron o pasado sábado ao recibir, de boca do portavoz do BNG no Congreso --Francisco Jorquera--, o anuncio de que o ministro de Industria, Miguel Sebastián, reunirase con eles para que lle expoñan a súa postura achega do decreto do carbón. Así o confirmou o coportavoz comarcal de CIG Ferrol, Manuel Grandal, quen destacou que, con isto, logrouse "o obxectivo dos compañeiros" Fernand
CIG, como sindicato maioritario nas centrais térmicas galegas --a das Pontes e a de Meirama--, "estaba a pedir unha reunión co ministro", constatou. Neste sentido, agradeceu a colaboración do portavoz nacionalista na Cámara baixa, quen "onte a última hora" fixo chegar a noticia.
O encontro con Sebastián, celebraráse previsiblemente "nos primeiros días do mes que vén". Alí a CIG irá defender a súa alternativa": "Que é o dereito a que Endesa poida seguir producindo", subliñou Manuel Grandal.
Apunta que esta é "a única maneira" de garantir "o futuro" dos seus traballadores, idea que, incide, será a lema da manifestación convocada para este domingo en Ferrol.
MANIFESTACION DO DOMINGO
Será unha marcha que contará co respaldo do "corpo social", segundo asegura Grandal, xa que a ela estase sumando cada vez máis a cidadanía". A efectos de visibilidade, considera que "non é o mesmo" para Madrid ter en conta o apoio cidadán "que non vai permitir" o peche das centrais.
Así, interpretou que o último informe da Comisión Nacional da Enerxía (CNE) valora que a aplicación do decreto "levará consigo a paralización" das fábricas, coa repercusión no traballo que iso implica.
"Unha fábrica parada durante tres ou catro anos significa que non vai facer investimentos e sitúanos nunha situación de peche", aseverou.
Nesta dirección, reiterou que a proposta de CIG baséase en que o consumo de carbón nacional "non vaia en detrimento" das centrais térmicas de Meirama e As Pontes.