ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia insiste na súa oposición ás matanzas de raposos organizadas. Tilda esas iniciativas de irresponsabeis e afirman que van en contra de calquera xestión cinexética sostible.
Un animal como o raposo que non produce danos vai ser masacrado indiscriminadamente esta fin de semana en Monforte. Este macabro evento está organizado pola Sociedade de Caza Val de Lemos e pola Federación Galega de Caza.
A Federación Galega de Caza que se caracteriza por avalar e xustificar estas “cazatas” sen sentido, promove así de novo as malas prácticas que se alonxan claramente do desexable, segundo denuncia ADEGA.
Para os ecoloxistas, "É impresentable a impunidade da que gozan as malas prácticas da caza. As denuncias en canto ao inflado de censos de animais silvestres por parte dalgúns Tecores está absolutamente paralizadas pola Subdirección Xeral de Caza da Consellería de Medio Ambiente".
Ante as denuncias do inflado de censos ADEGA e Matar por Matar Non levan agardando máis de medio ano a que haxa unha resposta por parte da administración e que se sancione aos Tecores implicados A Rocha (A Estrada) e Castro e Cidade (O Carballiño).
Outras iniciativas comprometidas polo Director Xeral de Conservación da Natureza (do que depende a Subdirección de Caza) referidas á realización de inspeccións aleatorias aos Planes de Ordenación Cinexética dos Tecores Galegos "durme o soño dos xustos" segundo afirman nun comunicado.
Para ADEGA, "nestes momentos os Tecores están absolutamente descontrolados e limítanse a cubrir os papeis que teñen que cubrir anualmente sen que ninguén comprobe se a información que presentan se corresponde coa realidade ou é pura invención como o comprobado".