Os enfermos crónicos de Ourense poden participar nun proxecto pioneiro de atención farmacéutica a domicilio

Os enfermos crónicos de Ourense poden participar nun proxecto pioneiro de atención farmacéutica a domicilio

27 de Xaneiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Os enfermos crónicos de Ourense que non se poidan achegar ao centro de saúde as buscar as súas receitas ou á farmacia a polos tratamentos teñen agora a oportunidade de recibir atención farmacolóxica no seu propio domicilio. Trátase dun proxecto pioneiro, do que din os seus organizadores que non existe precedente en Galicia e no Estado, posto en marcha pola Conseller

O crecemento da esperanza de vida, o aumento de poboación anciá e, conseguintemente, o incremento da porcentaxe pacientes con medicación crónica fai cada día máis común a existencia de persoas que, pola súa idade ou condicións físicas e mentais, non reciben unha axeitada atención farmacéutica. Este proxecto piloto xorde precisamente para garantir o dereito destes pacientes. O presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense, José Antonio Bouzo, explicou en Radiofusión que non se trata só de dispensar os tratamentos a domicilio. A través deste programa poderase racionalizar o uso dos produtos sanitarios, optimizar os tratamentos, garantir o correcto uso dos medicamentos e asegurar o seu almacenado.

A Consellería de Sanidade prevé estudar os resultados deste plan piloto para despois adaptalo e poñelo en marcha noutras partes de Galicia.

Sociedade