ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Trátase da principal das súas demandas ante a conmemoración mañá do Día Mundial da doenza. O lupus é unha enfermidade autoinmune crónica que provoca que o mecanismo de defensa do organismo comece atacarse a si mesmo, provocando inflamacións e danos en articulacións, músculos e outros órganos. Afecta a máis de 5 millóns de persoas no mundo, o 90% delas mulleres.
Na actualidade non se coñecen nin a súa causa nin a súa cura, pero si se sabe que non é contaxiosa. Desde a Asociación Galega de Lupus destacan os avances rexistrados nos últimos anos en campos como a diagnose ou a calidade de vida, pero poñen o acento nas materias pendentes. Unha das máis importantes, segundo apunta a súa presidenta, a ferrolá Pilar Pazos, é a creación nos hospitais galegos de Unidades de Enfermidades Autoinmunes Sistémicas, como xa existen noutras zonas do Estado.
Máis aló do eido sanitario teñen tamén demandas que facer. Así, por exemplo, piden ao Ministerio de Industria que lles permita aos afectados por esta doenza, que padecen grave fotosensibilidade, pór láminas tinguidas nos seus coches. Ademais de para expor as súas peticións ás Administracións, desde a Asociación Galega de Lupus pretenden que a conmemoración do Día Mundial serva para que a súa enfermidade gañe en visibilidade social. “Queremos que a cidadanía coñeza ben esta doenza, para deixar de sentirnos raros”, afirmou Pilar Pazos en Radiofusión.