Os erros defensivos penalizan moito

Os erros defensivos penalizan moito
28 de Setembro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Maniños caeu por 4-1 na súa visita ao Torre. Un mal arranque de partido na Primeira Futgal. Nos primeiros minutos, 2-0 e un 3-0 en contra xa ao descanso, pesou demasiado nun conxunto que acusa as dificultades de adaptación á nova categoría.

ESCOITA O PODCAST:

Falla o adestrador do Maniños Adrián Martínez:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/280926MARTINEZ.mp3

Fotografía Xan Xe

O adestrador do Maniños, Adrián Martínez, mostrouse moi autocrítico coa posta en escena do seu equipo, lamentando que a estratexia preparada se desmoronase de inmediato: "Penso que a boa activación no quecemento e os reforzos no vestiario antes de saír. morreron nos primeiros 5 minutos. Atopámonos cun rival que meteu moita presión inicial". A pesar de que o equipo tentou levantar os ánimos, os problemas tácticos continuaron na primeira metade. O golpe definitivo antes do intermedio chegou no tempo de desconto, cando o Torre aproveitou unha presión alta para asinar o 3-0. No descanso, o corpo técnico buscou cambiar a mentalidade e fixar "pequenos obxectivos" para a reanudación. A proposta funcionou en parte, xa que o Maniños competiu mellor, xogou máis en campo rival e logrou recortar distancias poñendo o 3-1, un gol que fixo dubidar ao Torre.  Porén, cando mellor estaban os visitantes, un novo erro individual supuxo o 4-1 definitivo. Martínez foi claro ao respecto: "Seguimos cometendo os mesmos erros defensivos e iso penalízanos moitísimo". O preparador explicou que aos seus xogadores estalles custando moito adaptarse á categoría debido a "déficits físicos nalgúns casos, de intensidade noutros, e simplemente a esa confianza individual que está un pouco debilitada".

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora