ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Desfiles de disfraces polas ruas, festas internas e degustación de lambetadas foron as ocupacións dos escolares esta mañán. O soleado día convidóu a saír á rua ao alumnado das escolas. Os chineses, 17 pequenos e 12 pais e nais, invadiron a parroquia fenesa de Sillobre.
O Ramo de Barallobre tivo concurso de comparsas (adicadas aos oficios), xogos e, ao remate, degustación de lambetadas preparadas polos pais e nais. A volta das vacacións xulgarán e queimarán ao antroido Don Pastón. Non faltaron no Ramo os tradicionais mandados do antroido.
Profes e alumnado da Jorge Juan, Xunqueira e Centieiras desfilaron esta mañán levando o primeiro colorido do carnaval ás ruas.
Na Jorge Juan recrearon os antroidos máis senlleiros de Galicia, así que correu a fariña polo patio. O meco tamén fixo os mandados este ano, ata chegou a mandalos ir ao cole en pixama.
E na Xunqueira aproveitaron o sol para desfilar polo barrio pero antes divertíronse co festival de coplas no salon de actos.
Nos Casais de Maniños desfilaron as comparsas dando moito medo. Nos Casais a festa gastronómica é sagrada e non fallou este ano.
Os de Centieiras , ao completo, desfilaron por Perlio e achegáronse á nosa emiisora para cantar o himno do antroido do colexio que repiten cada ano por estas datas dende hai xa moito tempo. Aquí podedes escoitalo se queredes collerlle o ton ao carnaval. Á rua antroidos!!!