Os estereotipos da muller no cine mudo adquiren forma de danza no Teatro Colón da Coruña

Os estereotipos da muller no cine mudo adquiren forma de danza no Teatro Colón da Coruña

19 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A compañía Bstudiodanza achega o seu último espectáculo, “Sono Silente”, ao Teatro Colón da Coruña ás oito e media desta tarde. Unha reflexión sobre a imaxe estereotipada da muller no discurso cinematográfico dos anos 20 e 30, inspirada na actriz Louise Brooks e en dous dos seus filmes máis coñecidos The Canary Murder Case

A peza ten como obxectivo cuestionar o sentido da muller, tanto como figura dentro da pantalla, como creadora fóra dela. A relación entre o concepto e a coreografía conforma unha plataforma a partir da cal os corpos se apropian do movemento dun xeito reflexivo, recontextualizando os patróns establecidos e abrindo campos de busca. A historia adquire importancia, ao igual que o guión e o traballo das bailarinas Emilia Pardo, Natalia Iglesias, Vanesa Otero e Celia Mayer.

Bstudio é unha compañía de danza contemporánea (danza-teatro) que ten como obxectivo desenvolver unha linguaxe persoal de “corpos reflexivos” que sirva para expresar emocións e sentimentos. Representa coreografías sociais, conta historias próximas ao público que esperten a súa curiosidade e reflexión dentro dunha plástica que penetre polos sentidos. A dramatización, a escenografía, o vestiario e a música amalgámanse coa danza para ir máis alá dun mero espectáculo de danza.

Sociedade