ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Coñecer e aclarar os conceptos de xénero, violencia machista e as súas determinantes, así como acadar habilidades para a escoita e comprensión das mulleres que sofren esta problemática son algúns dos obxectivos que se marcan os alumnos de último curso da Escola de Enfermaría do Campus de Lugo. A eles vai dirixido o curso Atención ás Mulleres en situación de Violencia de Xénero,
A actividade está impulsada polo Sergas e a Consellaría de Sanidade en colaboración coa Universidade e pretende preparar aos profesionais sanitarios ante casos de violencia machista cos que se poidan atopar na súa vida laboral. Outros dos fins do programa formativo é que os enfermeiros coñezan o manexo do protocolo de detección precoz.
Por outra banda, tamén se pretende fomentar habilidades para a escoita e comprensión das vítimas e estar en condicións de proporcionar información sobre os recursos sociais existentes na comunidade autónoma, así coma achegarse ao marco lexislativo e sobre todo á súa aplicación no ámbito sanitario. Para todo isto traballarase cunha guía de recursos, unha guía técnica e diversos programas.