Os falanxistas e requetés de Marela Ven

Os falanxistas e requetés de Marela Ven

17 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Algúns queren que exhiban / ao gran fascista / poñendo de disculpa / que atrae turistas / pensamos que sería / máis atraccion / cambiandoo co cabalo / de posición. Con esa ironía refírese a comparsa máis veterana de Ferrol, Marela Ven, á polémica xenerada de novo meses atrás pola retirada da estatua do dictador das dependencias do Arsenal.

Coa música da canción Batallón de modistillas, dician os de Marela: Batallón de mixiricas / concelleiros sen memoria/ que co bicho non se mollan / teñen medo encabritar / nunca máis unha homenaxe / ao sinistro personaxe / que reciba este elemento/ do mesmo que estivo oa dar. / Un, dous tres / leña con él / ...

Cantaban esa canción ataviados de falanxistas e requetés e conducindo unha estatua en cartón pedra onde o cabalo montaba ao dictador. Ademais de Marela Ven, as outras comparsas tamén derrocharon ironia e bó humor, criticando a alcaldes e concelleiros da comarca. 

Sociedade