Os fallos son nosos

Os fallos son nosos
01 de Febreiro, 2022 - 10:51 h. | Publicada por Radio Fene

Non finalizou as xogadas o Cultural Maniños no seu partido diante do Galicia de Caranza na Copa de fútbol sete feminino. “Os fallos foron nosos e cando perdoas, pagas” conclúe o adestrador Carlos Gómez. Maniños 0 – 1 Caranza, encontro xogado na mañá do domingo no campo do Pote.  

ESCOITA O PODCAST:

O adestrador Carlos Gómez fálanos do partido diante do Caranza
http://173.255.131.18/audio/010222GOMEZ.mp3

O partido comezou cunha homenaxe á porteira Uxía Armenteros e cunha pancarta de agradecemento ao Discalzas de Cedeira polo seu comportamento a raíz do golpe que sufriu a xogadora. O Maniños desprazarase o vindeiro domingo a Cedeira para disputar alí o partido aprazado o pasado 22 de xaneiro. Ese día cando apenas se levaban xogado 11 minutos do partido, a porteira do Maniños Uxía Armenteros levou un forte golpe na cabeza nunha acción fortuíta. Quedou sen coñecemento no campo causando un gran susto entre todas as persoas asistentes. Unha médica e unha enfermeira dirixiron os labores de reanimación, antes da chegada dunha ambulancia medicalizada que trasladou á xogadora a un centro hospitalario. Ao final todo quedou nun susto.

Deportes

Publica o teu comentario agora