Os faros galegos, alumando sempre

Os faros galegos, alumando sempre

18 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

O PP votou en contra dunha iniciativa presentada polo PSdG- PSOE no Parlamento sobres os faros de Galicia, na que demandaba a sua dinamización cultural e a sua explotación turística. A deputada popular, María Faraldo, recordou que na actualidade dos 23 faros existentes algúns figuran en inmobles cun valor artístico ou técnico con figuras de protección na lexislación vixente e noutros se promoven usos complementarios e que o Ministerio de Fome

A deputada do PPdeG, María Faraldo Botana, indicou hoxe no transcurso dun debate parlamentario sobre unha iniciativa socialista sobre os faros de Galicia que “as figuras de protección existentes, as cesións de uso, os usos alternativos e os plans asinados de Fomento coa Xunta contribúen a revalorizar os nosos faros”.

Así argumentou o voto en contra da iniciativa do PSdeG-PSOE que pedía dinamizalos turística e culturalmente, indicando que “tendo en conta que son de titularidade estatal e a protección e conservación do patrimonio histórico corresponde por igual a Estado e Comunidade Autónoma , non entendemos como esta iniciativa a presentaron na V e na VI Lexislatura e agora volven a presentala na IX, esqueceron de facelo na VII, cando  vostedes gobernaban en Madrid e na Xunta de Galicia”.

María Faraldo indicou que “naquel intre, cunha situación económica moi distinta, non foron capaces de facelo e agora temos que sinalar que esa colaboración institucional está a funcionar”. Así recordou o recente convenio entre o Ministerio de Fomento e a Xunta para pór en marcha trens turísticos na Ruta dos Faros, como medida de promoción dos mesmos, que circulan entre Ferrol e Ribadeo e viceversa con paradas e visitas turísticas.

Sociedade