ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene, únese á Semana Europea da Mobilidade. Unha campaña para concienciar aos cidadáns das consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche nas cidades, tanto para a saúde pública como para o medio ambiente. Así, dende o día 16 ata o 22 de setembro os veciños e veciñas de Fene contarán cunha serie de iniciativas que fomentarán o uso do transporte público.
Buscáronse catro vías para incentivar outros medios de transporte que non sexan os vehículos particulares. A opción de usar taxis compartidos, o desconto do 50% do billete de autobús en dúas das compañías que máis persoas usan en Fene e o fomento do uso da bicicleta.
Durante a semana da mobilidade, os feneses terán a posibilidade de utilizar o taxi como medio de transporte coa opción de “taxi compartido”. A iniciativa, que conta coa colaboración dos taxistas de Fene, pretende diminuir o número de viaxes a destinos como o Cementerio, o Hospital, o polígono de Vilar do Colo e o polígono de Río do Pozo . A través dunha chamada telefónica ao Concello o día anterior, os taxistas recollerán ao grupo de persoas que teñan que realizar unha viaxe co mesmo destino. O lugar de recollida será, en cada unha das parroquias, puntos como as Asociacións de Veciños ou as Sociedades, algo que se especificará días antes.
Con respecto aos usuarios do autobús como medio de transporte, durante esa semana contarán cun desconto do 50% nas viaxes que realicen coa compañía Arriva. O mesmo ocorre con Transportes A Capela, que aplicará un 50% nos prezos de todas aquelas viaxes que teñan saída en Fene.
Para o fomento do uso da bicicleta, daráse a coñecer as solucións aos posibles problemas que xurdan no seu uso. Será o comercio fenés “Accesorios Frami” o encargado de realizar un curso de mecánica de bicicletas, de carcácter gratuíto.