Os festexos do San Xoan de Negreira baten records

Os festexos do San Xoan de Negreira baten records

19 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Só quedan 80 tickets dos 700 que puxeron á venda. A asociación Festexos de Negreira disponse para bater todos os records na asistencia ao San Xoan deste ano 2010. Véndense ainda billetes na Pizzeria Milio e nos bares Fontana, Porto e Imperial.

O prezo por persoa ascende a 5 euros, ainda que se entrega de balde a aqueles establecementos e familias que aportan a cuota fixada para as festas do verán. Ademais do San Xoan, Festexos de Negreira prepara xa o San Cristobo, para os días 8, 9 e 10 do vindeiro mes de xullo. Tamén organizarán as festas de Santa Margarida, xa no mes de setembro. Polo de agora, están xa contratadas dúas orquestras: Olympus e París de Noia.

Sociedade