ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Intensa actividade na Confraría Santiago Apóstolo de Barallobre. Comezaron a semana coa noticia da aprobación do seu plan para a rexeneración dos bancos marisqueiros danados coas fortes choivas do pasado inverno. E acabarana coa celebración da segunda edición da Festa do marisco no paseo de Xuvia. De todo iso e doutros temas informou o patrón maior, Jorge López, en Radio Fene.

Boa noticia para a Confraría de Barallobre da que informou o patrón maior. 1,3 millóns de euros para recuperación dos bancos marisqueiros logo dos temporais do inverno. O Consello da Xunta autorizou esta semana o convenio coa confraría. Os profesionais do sector poderán recibir unha remuneración de ata 700 euros --dos que deben descontar a cota á Seguridade Social-- por entre 10 e 12 días ao mes de participación en diferentes traballos mentres os bancos estean pechados. O patrón maior, Jorge López, felicitouse pola noticia, aínda que aspiraban a máis. Estes días ultiman tamén os preparativos da II Festa do marisco de Xuvia que se celebra o sábado, 13, e o domingo. 14. Instalarán unha carpa con capacidade para 1.100 persoas para que as persoas poidan degustar produtos da ría. Nunha segunda carpa da Deputación haberá mercado de artesanía e degustacións gastronómicas. A festa estará amenizada por actuacións musicais e tamén haberá unha regata de bateis. Na iniciativa colaboran a Confraría de Barallobre, o Concello de Narón e o Club de Remo Narón. A Confraría tamén ten en marcha un programa educativo que desenvolven nos centros escolares. “Os mariscos na rosa ría” viaxa polas escolas da comarca para que a rapazada aprenda, valores e coide da vida que hai na ría. Ademais participaron por primeira vez na feira de alimentación Salimat, celebrada en Silleda. E canda estes labores de promoción do produto da ría, a Confraría destaca o éxito da peixería estreada hai uns meses, colabora nun estudo do CSIC para avaliar o estado da zamburiña e está pendente dos avances no plan de rexeneración da ría.
Publica o teu comentario agora