Os galipedistas convocan un novo wikimaratón en Lugo

Os galipedistas convocan un novo wikimaratón en Lugo

04 de Novembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por

Máis de 125.000 artigos para facer país. A Galipedia, a versión en lingua galega da máis popular das enciclopedias en liña, un dos proxectos máis importantes da breve mais intensa historia de internet, segue a medrar devagariño. Mais de cando en vez, o proxecto galego recibe un pulo excepcional para que aumente o número de artigos e, sobre todo, de colaboradores dispostos a editar os seus contidos. Unha desas ocasións produciras

Un wikimaratón é unha reunión (presencial ou virtual) convocada para editar e mellorar colectivamente os contidos dunha Wikipedia sobre un tema ou unha serie de artigos relacionados con el. Habitualmente están promovidos por unha institución educativa ou cultural -neste caso a Universidade de Santiago de Compostela, a través da Biblioteca Intercentros e de Proxéctate en Galego- e buscan ademais visibilizar a comunidade da Wikipedia, favorecer o contacto entre os seus membros e facilitar a incorporación a ela de novas persoas. Por iso é frecuente que incorporen unha sesión introdutoria á edición básica, así como actividades divulgativas.

Na xornada deste sábado traballarase na creación, ampliación e mellora de artigos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía, especialmente os relacionados cos temas (a luz e o solo) e os persoeiros (Christiaan Huygens, Max Planck, Isidro Parga Pondal e Carlos Gómez-Reino Carnota) a que se dedica o Día da Ciencia en Galego de 2015.

Cultura