Os gandeiros mobilízanse polos baixos prezos do leite

Os gandeiros mobilízanse polos baixos prezos do leite

21 de Maio, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O Sindicato Labrego Galego (SLG) anunciou que este venres -22 de maio- iniciará mobilizacións no sector lácteo para denunciar a "situación insustentable" que están a soportar moitos gandeiros como consecuencia da "actitude mafiosa" das industrias, unhas protestas que comezarán ante a sede de Loxística Alimentaria. O sindicato escolleu esta empresa, cuxa sede está no municipio lucense de Outeiro de Rei -na antiga planta de Pasc

Ao sindicato chegaron recibos de liquidacións de Loxística Alimentaria" nos que a algúns gandeiros, despois de entregarlle á empresa "20.000 quilos de leite ese mes, sáelles unha liquidación negativa, de modo que quen ten que pagar é o gandeiro" afirmaba Xabier Gómez Santiso, coordinador do sector gandeiro do SLG.

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, denunciou a situación precaria dos produtores fronte a industria. Non ve que producir leite en pó poida ser unha solución para os gandeiros, que non teñen marxe nin forza para negociar os prezos. Á baixa do leite. Lamentou que os representantes dos produtores non teñan tampouco neste momento "ningún foro" para expresar o seu malestar, porque teñen pedido "desde hai tempo unha reunión da Mesa do Leite". Así as cousas, mobilizaranse mentres non haxa mudanzas lexislativas que os protexan.

Reunións no Ministerio

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente reuniuse este mércores en Madrid con representantes do sector lácteo, ao que comunicou que trasladou á Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA) os 1.200 'contratos lixo' --con prezos entre 18 e 22 céntimos o litro, por baixo de custos de produción-- que afectan a unhas 3.000 explotacións que lle fixeron chegar os sindicatos agrarios nos últimos días para o seu estudo, co fin de determinar se son irregulares e proceder a sancións se é necesario.
O secretario de Gandaría da Unión de Pequenos Agricultores (UPA), o lalinense Román Santalla, quen apunta que se puxo sobre a mesa unha serie de actuacións que o Ministerio debe levar a cabo "de inmediato" para evitar que "o 30%" das explotacións lácteas desaparezan.

Entre as peticións que se realizaron está a necesidade de retirar do mercado unhas 40.000 toneladas de leite líquido que se estima como produción excedentaria que pode ser destinada a leite en po, de maneira que se reclama ao Ministerio que "abra todos os mecanismos públicos de intervención para a recompra a prezo de mercado destes excedentes". Na reunión estivo o secretario xeral de Agricultura, Carlos Cabanas, quen malia asegurar que aumentarán os controis, tamén amosou a súa discrepancia cos cálculos máis alarmantes sobre os contratos lixo no sector que fan os gandeiros.

Sociedade