Os goles de Su e Rebe

Susana Ínsua- Su- abríu o marcador no minuto 14. Rebeca marcou o definitivo no 37, de penalti.
30 de Xaneiro, 2019 - 12:31 h. | Publicada por Radio Fene

O próximo sabado, ás 17.00h o Cultural Maniños visita o campo municipal O Beco. O Perlío visita Os Calzados, ás 18.00h, para medirse ao Capela. O Perlío descansou na última xornada.

ESCOITA O PODCAST:

O Maniños sigue a boa racha, mantendo o segundo posto, despois de alzarse coa victoria fronte ao Capela por 2-0 no campo do Pote. O Maniños acertou co prantexamento do encontro. Os dous equipos xogan diferente. Mentres o Capela fai un xogo máis directo buscando a definición de Moca, o Maniños busca a posesión. Si ben é certo que o Capela fixo un xogo máis intenso na primeira parte, mesmo con varias ocasións; o Maniños pratexou mellor o xogo, segundo o técnico Carlos Gómez. O primeiro gol foi de Su no minuto 14 e Rebe marcou o segundo de penalti, no minuto 37.

O Maniños enfróntase o domingo ao Discalzas no campo do Beco. Un equipo que ven de reforzarse e que asume poucos goles en contra. De feito lembra Carlos Gómez como no encontro de ida, aínda que gañou o Maniños, lles custou moito abrir a lata. A enfermería do Maniños ten para rato. A última curiosidade é o intercambio de papeis. A porteira- lesionada nun brazo- fai de xogadora e unha xogadora con problemas na perna está a facer de gardameta. Mesmo dunha xogadora infantil ten que botar man o Cultural Maniños. A pesar de tanto incordio, o equipo leva unha racha impresionante e afiánzase na segunda posición da táboa con 34 puntos. O próximo sabado, ás 17.00h visita o campo municipal O Beco. O Perlío visita Os Calzados, o sabado ás 18.00h, para medirse ao Capela. O Perlío descansou na última xornada.

Deportes

Publica o teu comentario agora