Os goles non relaxaron ao Barallobre

Os goles non relaxaron ao Barallobre
09 de Febreiro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Na Segunda Futgal. Mandiá 0-2 Barallobre. As chegadas sucedíanse nas dúas áreas nun partido de ida e volta. Os goles de Joulien no 38 e de Ponce no 45 non relaxaron ao Barallobre pero envalentonaron ao Mandiá  que sacou dous dianteiros máis. "O terreo de xogo estaba en condicións moi complicadas, con moita lama e o balón non circulaba, había que xogar con lanzamentos largos desde a defensa. Unha vez que metemos os goles, defendemos moi ben, cun grupo axustado e compacto" apunta o adestrador do Barallobre Borja Mesa: "Quero felicitar a directiva do Mandiá porque sei o que teñen que traballar para manter un campo de herba natural". 

 

ESCOITA O PODCAST:

O preparador do Barallobre Borja Mesa fala do partido en Mandiá:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/090226MESA.mp3

Fotografía Xan Xe

O próximo sábado 14 o Barallobre xogará o partido aprazado contra o Galicia de Mugardos. O martes disputará no Ramo un partido de Copa diante do As Pontes. E na próxima xornada da Liga, o sábado 21, Barallobre - Galicia de Caranza.

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora