ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Centro Comarcal de Ordes acolleu esta mañá a celebración dun obradoiro, organizado polo Concello, sobre a promoción de hábitos saudables e traballo en habilidades sociais para a prevención das drogodependencias. Un obradoiro no que participaron preto dun centenar de alumnos e alumnas do IES Maruxa Mallo e impartido por técnicos do Consello da Xuventude de Galicia.
O alcalde, Manuel Regos acompañado polo concelleiro de Sanidade do Concello de Ordes, Xesús Pedreira, acudiu a este taller, onde quixo animar aos mozos e mozas ordenses a que tomen conciencia da importancia que ten levar unha vida saudable, deixando atrás as drogas e os malos hábitos na súa vida cotiá. Regos explicou tamén que “con esta iniciativa queremos contribuir a que a nosa mocidade sexa unha mocidade sana, e isto empezando por conciencialos nas idades máis perigosas ou susceptibles para un posible inicio no mundo das drogas”.
A través destes talleres se pretende que os mozos e mozas ordenses expresen as súas opinións, plantexen dúbidas e debatan en grupo, co fin de intercambiar experiencias que permitan buscar solucións para manter comportamentos saudables.Este obradoiro enmárcase dentro dun ciclo de obradoiros de saúde que o Concello de Ordes organiza en colaboración co Consello da Xuventude de Galicia, e que daba comenzo o pasado mes de decembro coa celebración dun taller sobre prevención do VIH, no que tamén participaron 80 alumnos do IES Maruxa Mallo, e que se completará con outros obradoiros sobre educación sexual que terán lugar durante o curso escolar.