Os hórreos falan

Os hórreos falan
17 de Xuño, 2025 - 08:53 h. | Publicada por Radio Fene

Os hórreos falan, se os sabemos escoitar. Son arquitectura que pensa, afirmou Laura Bouza, de Laudas Calamity no acto de entrega do Premio Somos Rural ao Colexio de Maniños polo seu traballo audiovisual. Os hórreos están feitos de madeira, pedra e sobre todo, están feitos de IA, intelixencia ancestral.

O membro da ANPA Bruno Lopes recorda a acollida magnifica da cidadanía de Magalofes cando foron gravar e agradece a colaboración do presidente da Asociación Veciñal Manuel Pico. A presidenta da Federación de ANPAS de Galicia Isabel Calvete entregou o galardón consistente nun vale de oitocentos euros para actividades extra-escolares. Con esa cantidade, en setembro, o CEIP Os Casais realizará unha excursión ao Torreón dos Andrade en Pontedeume e ao mosteiro de Monfero.
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora