Os hospitais galegos prepáranse para cobrar os fármacos

Os hospitais galegos prepáranse para cobrar os fármacos

10 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Os centros hospitalarios do SERGAS ultiman a preparación do sistema de cobro dos medicamentos dispensados nos propios complexos. A data de inicio do copago ainda non está fixada, segundo indicou o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo.   Iso si, admitiu que "probablemente haxa un problema de incorrección de comunicación interna entre os distintos servizos de saúde do Ministerio" e sinalou que o que habería qu

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo ratificou que Galicia "cumprirá a lei" que determina o pago de medicamentos de dispensación hospitalaria, aínda que admitiu dificultades para a súa implantación e sinalou que se podería discutir se é anticipado cobrar nos hospitais sen un "previo acondicionamento para a facturación".

   Fontes da Consellería de Sanidade sinalaron que se está traballando na implantación do copago hospitalario, aínda que non hai data concreta, a pesar de que a titular do ramo, Rocío Mosquera, a situara en xaneiro de 2014.

   Na mesma liña, Feijóo tampouco concretou unha data, aínda que si garantiu que a comunidade "cumprirá a lei". A modo de argumento, salientou que os gobernantes deben obedecer as normas aprobadas "con independencia da opinión" que lles merezan as mesmas.

   En calquera caso, preguntado posteriormente sobre a súa opinión achega do copago hospitalario, lembrou que os usuarios tamén realizaban "unha achega reducida" de determinados medicamentos que se expendían nas farmacias e remarcou que o pago de medicamentos "ten que ser equitativo". "Xa sexa na farmacia hospitalaria ou na farmacia na rúa", apostilou.

Sociedade