ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os institutos de Ferrolterra rexistran unha mobilización inusitada nestes días. Tanto o alumnado como o profesorado debaten a súa participación na folga en defensa do idioma galego, convocada para este xoves.
A plataforma Queremos Galego insiste na necesidade de retirada do borrador do decreto presentado pola Xunta de Galicia, para retornar ao consenso social. Coas medidas propostas, trasládase ás aulas un conflicto que antes non existia. Todos os organismos europeos e da UNESCO, insisten na necesidade de promoción da lingua, segundo salientan os voceiros da entidade.
Os autobuses para a manifestación de Santiago sairán o xoves ás dez da mañá do teatro Jofre. As persoas interesadas deberán reservar praza, para o que poden contactar co teléfono de Ferrol 981 358750.