Os levadores das procesións de Viveiro terán axuda fisioterapéutica

Os levadores das procesións de Viveiro terán axuda fisioterapéutica

07 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A Semana Santa de Viveiro, na provincia de Lugo, unha das de máis sona de Galicia, será pioneira na implantación dun servizo de atención aos levadores de pasos procesionais ou costaleiros. Trátase dunha medida xa consolidada en Andalucía e que agora estará tamén a disposición dos cofrades galegos. No serán de onte definíanse os detalles da iniciativa no Concello viveirense cunha reunións entre representantes mun

“O esforzo que farán é tremendísimo”, analiza o especialista Javier Teijeiro, polo que os fisioterapeutas establecerán un “hospital de campaña” para tratar aos esforzados participantes das procesións. Establecerase na Casa da Xuventude de Viveiro entre o xoves e o sábado. Esta última xornada servirá de recuperación para que os cofrades cheguen nas mellores condicións ás procesións dominicais, xa que moitos deles saen varias veces a transportar as imaxes durante a semana.

 

O fisioterapeuta que tutela esta iniciativa apunta que os propios capataces das confrarías xa teñen en conta consellos de biomecánica para minimizar os esforzos e realizan unha medida dos levadores co obxecto de distribuir ben os pesos. Ademais, Javier Teijeiro, lembra que o Colexio de Fisioterapeutas repartirá información tamén entre o público asistente ás procesións de Viveiro con consellos para tonificar o corpo e que axudarán a aturar mellor o cansanzo de agardar moito tempo de pé para ver os pasos.

Sociedade