ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Os libros desta biblioteca tolearon. A todos lles ocorren cousas estrañas e misteriosas. Cada un ten unha historia que contar, como todos os libros do mundo, pero estes libros decidiron transmitila dun xeito diferente; por iso se converteu en barco o libro que recolle os relatos do mar, medroulle unha maceira ao que conta como naceron as palabras, quedou atrapado nunha arañeira un pequeno libro aventureiro… e así, un tras outro, vannos amosando as súas historias nes
A mostra recibe o nome “Biblioteca de Libros Fantásticos” porque se emprega a fantasía para crear as pezas que a compoñen. Impulsada por Carmen Domech, con esta iniciativa preténdese animar aos visitantes a que inventen as súas aventuras arredor destes libros e fantasíen co que se pode agochar no interior dun libro de calquera estante das súas bibliotecas.
“Biblioteca de Libros Fantásticos” estivo exposta en máis de 40 espazos de España e Europa. No ano 2007, o Ministerio de Educación e Ciencia organizou as actividades do Día do Libro en torno a ela e posteriormente realizou unha publicación baixo o mesmo título (que logo se distribuiu por todas as bibliotecas públicas dependentes deste organismo).