Os lobos de Moeche verán a luz nas vindeiras semanas

Os lobos de Moeche verán a luz nas vindeiras semanas

28 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Os Lobos de Moeche”. Titúlase así a primeira aventura gráfica en solitario do debuxante Manel Cráneo, unha historia ambientada no período da revolta irmandiña que se publicará no mes de marzo.

 En palabras do autor, “Os lobos de Moeche é unha historia de aventuras que transcurre a finais do século XV e que entremezcla personaxes históricos con outros de ficción nunha trama onde se producen varios saltos no tempo e que está salpicada de dramatísmo, violencia e sentimentos profundos. O album, que xa se adianta estes días en varias páxinas de internet, supón a presentación da editorial Demo, unha empresa que aposta polo cómic en galego e pola recuperación do patrimonio histórico de Galicia. Os lobos de Moeche publicarase en marzo, froito dunha colaboración de Demo coa entidade Euroeume que, por certo, empregará esta obra como material promocional no Museo do Castelo de Moeche.

Sociedade