ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Din que os luns son menos luns se o teu equipo gaña, e no Barallobre hoxe estano celebrando por todo o alto. Vitoria de prestixio do conxunto fenés na casa do líder da Segunda Futgal, o San Sadurniño, por cero a un. Un solitario gol de Oscar Calvo pouco antes do descanso foi suficiente para tombar ao primeiro da clase.

Co seu habitual rigor defensivo e un control total do centro do campo, o Barallobre mantense quinto con 36 puntos. O soño do ascenso segue vivo: están a só seis puntos do terceiro posto, a praza que dá dereito a xogar a promoción.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora