ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Boiro porá en marcha un verán máis a patrulla medioambiental nas praias do municipio. Este é o terceiro verán que vén funcionando este operativo nas praias de Boiro. Comezará a patrullar o luns, 19 de xullo.Trátase dunha actividade desenvolvida por nenos de entre 6 e 14 anos nos areais de Carragueiros, A Retorta, Mañóns e Barraña.
Os nenos uniformados patrullan as praias como instrutores medioambientais, premiando aos usuarios polas súas boas actitudes, regalando cinceiros e entregando chapas feitas por eles mesmos. Participarán na campaña deste ano aproximadamente 50 nenos que repartirán 2.500 cinceiros. A actividade desenvólvese pola empresa Trebello, a cargo do monitor Luís Castro, por petición das concellerías de Turismo e Medio Ambiente do Concello de Boiro. A actividade está patrocinada pola empresa Javasan Excom, encargada da limpeza dos areais boirenses. Aínda quedan prazas para participar nesta actividade. Si desexa facelo pode inscribirse antes do 19 de xullo en info@trebello.com ou chamando ao teléfono de Trebello 679.20.88.53.