Os médicos do mañá preocúpanse por Siria hoxe

Os médicos do mañá preocúpanse por Siria hoxe

07 de Febreiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

A Asociación de Estudantes da Facultade de Medicina ME.I.GA (Medicina Intercambios Galicia) desenvolve xunto con Médicos sen Fronteiras unha campaña coa intención de conseguir donativos que se destinarán a paliar os efectos de situacións de emerxencia, como a que se vive en Siria. Coa denominación de ‘Ser humanos salva vidas’, a campaña consiste no envío dunha mensaxe SMS

Creouse unha palabra clave específica para os estudantes de Medicina de Santiago co obxecto de coñecer o volume de participación da Facultade compostelá, que quedará rexistrado nun contador de SMS’s colocado no blog da Asociación. Concretamente, o alumnado interesado en participar desta iniciativa debe enviar a palabra MEIGA ao número 28033.

Segundo os datos dos promotores desta campaña, con 500 SMS sería posible ofrecer tratamento a 500 nenos/as afectados de pneumonía. Máis información no blog da asociación ME.I.GA http://meigauscsantiago.blogspot.com.es/.

Sociedade