Os médicos galegos informarán aos pacientes das consecuencias dos recortes na sanidade

Os médicos galegos informarán aos pacientes das consecuencias dos recortes na sanidade

13 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Médicos da sanidade pública galega integrados na Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM Galicia) e en Médicos de Galicia Independentes (OMEGA) aseguraron hoxe que non van cruzarse de brazos e tolerar que se continúan cernando os seus dereitos profesionais. O presidente de CESM Galicia, Cándido Andión, declarou que a sanidade pública galega está sometida

Pola súa banda, Víctor Crespo, de OMEGA, dubidou que o novo decreto do Goberno vaia a permitir preservar a asistencia sanitaria publica, universal e gratuíta como até agora. Asegura que algúns pensionistas vanse cuestionar se comer ou se comprar a medicación, dado que teñen que adiantar os custos totais dos fármacos por un período de seis meses.

Por todo isto, os sindicatos médicos de Galicia iniciarán unha campaña de información aos aos pacientes da necesidade de manter o sistema sanitario público sen recortes e sen copagamento de servizos.

Sociedade