ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O saúdo e o bico dos mómaros foron algunhas das figuras máis aplaudidas este mediodia na Praza do Concello de Pontedeume. Saíron os xigantes e os cabezudos nunha praza ateigada de xente. O orballo ocasional non botou para atrás á rapazada que asistía ao primeiro acto oficial das Festas das Peras 2026 con camisolas elaboradas para a ocasión. Soaron as campás do Concello, sairon os gaiteiros e bailou a parella de xigantes de cartón pedra e teas que son o símbolo da vila eumesa.

As doce do mediodia soaron as campás e sairon ás rúas os xigantes, chamados mómaros en Pontedeume, e os cabezudos, precedidos e seguidos pola rapazada que amosou ledicia, medo e berros. As 21,30 desta noite na Praza do Conde gran concerto de música trad de Xavier Díaz e as Adufeiras do Salitre. Entrada de balde.
Mañá martes celébrase o dia da virxe das Virtudes ou virxe das Peras, con misa e procesión. Tamén mañá a mediodia no peirao celébrase a cucaña marítima, dende unha grande barca cun longo pau ensebado e entre as duas pontes,a de ferro e a de pedra. Rematando a cucaña terá lugar a gran queima do tradicional galán e dunha traca de artificio.
Tradición e novas actividades
Para o xoves programan na Alameda de Raxoi unha festa infantil de seis da tarde a nove da noite con xogos inchables, cama elástica e inchabeis. Este ano tamén contan con baños públicos nos laterais do mercado. Fan un chamamento ao civismo para utilizar os contenedores da praza.
Segundo Xose Paz, no Cancioneiro Popular Eumes, a comezos do século XIX abundaban o viño e as froitas en toda a comarca do Eume. O Concello, en vista da abundancia delas, acordou celebrar grandes festas na praza de San Roque a fin de conseguir a venda dos productos. As xentes responderon ao chamamento quedando establecidas as festas das Virtudes, bautizadas pola cidadanía como Festas das Peras, polos moitos froitos que nela se vendían.
Como dicia Pérez Parallé no seu poema Hei de vir, virei (cantiga a Pontedeume):
Os mariñáns na ribeira
cantan á festa do dia,
a mociña marisqueira,
ai la,la,la
Vair reloucar na badía
Hei de vir a festa
hei, moza,chegar
e polas Virtudes
contigo beilar.
Publica o teu comentario agora