Os músicos galegos intercambian cancións por agasallos solidarios

Os músicos galegos intercambian cancións por agasallos solidarios

01 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Cancións por agasallos. Este é o trato que nos propoñen os músicos galegos Abraham Boba, Alondra Bentley, Jane Joyd, Mehnai e La Familia. Eles poñen as cancións, temas dos seus correspondentes repertorios adaptados para a ocasión a un formato máis íntimo e para todos os públicos. Os que queiran escoitalos deben achegar os agasallos. O intercambio producirase este martes día 3, a partir das seis da tarde, na Biblioteca da Cidade da

Os presentes que se xunten iran parar ás mans da Asociación Iniciativa Social Berce, que presta especial atención aos nenos en situación de desprotección. Esta entidade encargarase de repartilos como regalos de Reis entre os rapaces que máis o precisen.

Organizado pola Cidade da Cultura, coa colaboración de Ernie Producciones e a Asociación Iniciativa Social Berce, Cancións por agasallos é, segundo destacan os seus impulsores, “unha actividade coa que achegarse á música pop nun formato acústico a cambio de facer feliz a un neno”.

Cultura