Os Magos non collerán á rapazada no colo

Os Magos non collerán á rapazada no colo
05 de Xaneiro, 2021 - 10:33 h. | Publicada por Radio Fene

A noite máis especial do ano chegará con frío. A Recepción Real terá lugar o martes 5 de xaneiro a partir das 16.30 horas na praza Ramón Souto ao pé da Casa do Concello de Fene. Haberá 5 quendas cos seguintes horarios de comezo: Melchor, ás 16, 30 e as 17:30 h; Gaspar, ás 18:30 h.; e Baltasar, ás 19:30 h e as 20,30h. En cada quenda participarán un máximo de 15 unidades familiares (grupos familiares formados por un máximo de 5 persoas: 2 adultas e 3 nenos/as).

Reis Magos a cabalo

Os Reis Magos do Oriente, sabedores de que este ano as recepcións teñen que facerse en pequenos grupos e mantendo a separación, pasarán polas distintas parroquias de San Sadurniño ao longo desta tarde. Non se deterán moito en cada sitio nin tampouco collerán os pequenos no colo, como é habitual neles, o que non lles impedirá captar os seus desexos só con verlles a cara. A rapazada poderá velos no exterior dos locais sociais cos seguintes horarios:

15.15h. á porta do Local Social da Veiga, en Naraío
16.00h. diante do Local Social da Torre, en Igrexafeita
16.45h. na explanada do Local Social da Seara, en Ferreira
17.30h. diante do Local Social do Chao, en Lamas
18.15h. no exterior do Local Social de Bardaos
18.45h. fronte ao Local Social do Camiño Arriba
19.15h. ao pé do Local Social de Santa Mariña do Monte
20.00h. na Praza do antigo Concello, en San Sadurniño

Outro cambio importante con respecto ás recepcións reais doutros anos é que, debido ás restricións reflectidas no protocolo específico de Nadal deseñado pola Xunta, durante a visita dos Magos non se poderán entregar caramelos nin ningún outro obxecto. Tampouco se servirá o chocolate con roscón que o Concello tiña previsto ofrecerlles ás familias para que o degustasen tralo paso dos Reis por cada parroquia. Porén, Melchor, Gaspar e Baltasar si levarán canda eles un pequeno saco onde os nenos e nenas que aínda non o fixesen poderán depositar as súas cartas para que as SS.MM. as lean antes da súa saída máxica da madrugada.

Todas as recepcións serán ao aire libre e na súa viaxe as SS.MM.  irán acompañadas pola Escola Municipal de Gaitas.

 

O Concello recorda as obrigas e recomendacións preventivas que se deben por en práctica por causa da COVID-19: uso obrigatorio de máscara a partir dos 6 anos e manter a separación de 1,5 metros, evitando aglomeracións no momento en que os Reis Magos cheguen a cada lugar.

Sociedade

Publica o teu comentario agora