ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Os maiores da zona do rural de Ferrol celebran a festa de fin de ano esta tarde a partires das 17,30 horas no local da Asociación de Veciños San Salvador de Serantes. O festexo, organizado polo concello ferrolán en colaboración coa asociación de veciños, enmárcase no proxecto Convive. Un programa para evitar situacións de exclusión social no colectivo, mellorar o seu benestar e contribuír a retrasar a perda da autonomía. Ademais pr
Este encontro, sinalou a concelleira de Benestar Social, María López, serverá como foro de relación e convivencia a través da celebración de actividades de ocio. “contribuirá a reforzar a autoestima e a convivencia entre veciños e veciñas que a pesares da súa avanzada idade aínda teñen moito que aportar e dicir”, declarou a edil.
Os participantes poderán interactuar nun ambiente de entretemento e diversión participando en actividades como un bingo con regalos ou o xogo “Furor” (no que se cantan cancións por grupos que inclúan determinadas palabras). Haberá tamén unha actuación teatral do grupo Oquetiqueiras.