Os maios celebraránse en Maniños o xoves 21

Os maios celebraránse en Maniños o xoves 21

14 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A festa dos maios recupérase en Maniños. A Asociación Etnográfica e da Natureza (AETNA) e máis o Colexio Os Casais organizan esa xornada para o xoves dia 21, contando coa colaboración do Concello de Fene e da asociación O Pote. Os nenos e nenas de Maniños e os membros da entidade elaborarán ese dia no campo da festa da parróquia 1 maio en forma de cruz, outro piramidal e unha alfombra floral.

Segundo indicaron a Radiofusión membros de Aetna, nos maios participarán todos os alumnos e alumnas dos Casais que recitarán poemas e cantarán cancións alusivas ao festexo.

Os pobos precristianos xa conmemoraban a chegada da primavera coas festas dos maios. En Roma entre as distintas festas florais unha das máis importantes era a adicada á deusa Flora. A Floralia duraba do 28 de abril ao 1 de maio e consistia na decoración de vilas e cidades con innumerabeis flores, alfombrando con pétalos de rosa os camiños.  

Sociedade