Os mariscadores cortan o tráfico na ponte do Pasaxe

Os mariscadores cortan o tráfico na ponte do Pasaxe

20 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Os mariscadores da ría do Burgo cortaron o tráfico dende primeiras horas da mañá na ponte do Pasaxe na entrada da Coruña. Reclaman medidas de saneamento que permitan a continuidade do marisqueo na zona."Solucións xa ao furtivismo na ría do Burgo" reza unha pancarta que sosteñen os participantes na protesta.

Cortaron o carril dereito da ponte en sentido da entrada na Coruña. As retencións chegan ata Santa Cruz, segundo informa a Policia local de Oleiros. A acción dos mariscadores comezou arredor das 8,25 desta mañá.Como vial alternativo pódese utilizar a AP-9, sen peaxe dende a Barcala.

 

Sociedade