Os melindres de Silleda

Os melindres de Silleda
14 de Xaneiro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

Otero Pedrayo gustaba de parar na Confeitaría Tábara de Silleda. Cando o chamaban para unha entrevista na Televisión Española en Galicia, o xornalista Perfecto Conde levábao no seu coche de volta deica Ourense para facerlle menos pesado o retorno. 

Fotografía Xan Xe

Ao achegarse a Silleda, dicíalle Otero a Perfecto: “Para en Tábara que lle vou levar uns melindres a Fita” O xornalista realizaba a parada e Otero pedía ao chegar ao mostrador dous viños doces. Caían logo outros dous viños e Otero dicía: “Hai que marchar”. “E non lle leva os melindres para a súa dona?. Bah, xa llos levarei noutra ocasión”. 
Perfecto Conde traballou no Centro de Galicia de Televisión Española entre 1975 e 1976. Foi pioneiro na utilización da lingua galega no programa Panorama de Galicia. Ramón Otero Pedrayo faleceu o 10 de abril de 1976. O venres 20 de xaneiro escoitaremos en Radio Fene unha conversa con Perfecto Conde arredor do seu libro "Conversas con Paco del Riego".

 

Fotografía Xan Xe

(Perfecto Conde en Radio Fene)

Sociedade

Publica o teu comentario agora