ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Ferrol acollerá dende o próximo sábado ate o martes da vindeira semana a Sexta Feira do Viño do Noroeste, un encontro de bodegueiros, consellos reguladores de denominacións de orixe, distribuidores, sumilleres e todo tipo de profesionais relacionados co mundo da enoloxía. O escenario será o recinto feiral de Punta Arnela, onde se congregarán durante catro días máis de medio milleiro de a
A Feira do Viño do Noroeste ten as súas orixes no ano 2000 e, dende aquela, ven celebrándose cada dous anos na cidade de Ferrol. Segundo afirman os organizadores, “ao valor do certame como escaparate comercial, únese en cada edición o seu potencial como espazo para o contacto” entre profesionais enólogos, adegueiros, hosteleiros e mesmo xornalistas que acuden a esta feira para participar nas xornadas, catas e demais actividades programadas polos propios expositores. Nesta ocasión, en Fevino 2009, as dúas xornadas máis intensas serán as do próximo luns e martes, cunha programación específica para profesionais, incluídas catas comentadas dos mellores caldos presentes na feira. Ademais, os responsables de Fimo adiantan que non faltarán a esta nova cita adegas de renome como Remírez de Ganuza, Marques de Riscal ou Dinastía Vivanco, da Denominación de Orixe La Rioja. E tamén colectivos como a Irmandade dos Viños Galegos, o Club Gastronómico Rías Altas ou a Asociación de Sumilleres Gallaecia. Na súa última edición, en 2007, a Feira do Viño do Noroeste superou os 6 mil visitantes, unha cifra que este ano agardan mellorar os responsables do certame. A feira abrirá as súas portas ao público o vindeiro sábado ás cinco e media do serán. O resto dos días o horario será de once a mañá a dúas e media da tarde e de cinco e media a nove da noite. Lembrar que o luns e o martes, 9 e 10 de marzo, as xornadas estarán adicadas en exclusiva aos profesionais do sector.