Os mellores de Somos Rural

Os mellores de Somos Rural
16 de Maio, 2025 - 12:05 h. | Publicada por Radio Fene

Novo recoñecemento para o Colexio Os Casais. O traballo sobre os Hórreos, no que se implicou toda a comunidade educativa do centro escolar de Maniños, gañou o premio do concurso Somos Rural. A coordinadora da Biblioteca do CEIP Os Casais, María José Vila, e o membro da ANPA, Bruno Lopes, falaron da boa noticia en Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

“É un cole pequeno, pero activo e con un proxecto educativo excelente”, destaca o membro da ANPA. “Valoramos a participación das familias, colaboran na planificación e organización, estamos moi orgullosos e satisfeitos”, di María Xosé Vila. “As familias que escollen este cole levan no ADN o compromiso de participar en proxectos como este”, asegura Bruno Lopes. O alumnado do CEIP Os Casais realizou o proxecto a partir da iniciativa Documenta Hórrea que impulsaron  o laboratorio Laudas Calamity, a asociación veciñal de Magalofes, Son Radiofusión e Radio Fene.

As lavandeiras

O CEIP Os Casais xa gañara este galardón hai dous anos con un proxecto sobre o legado indiano. “Quedounos a espiniña do ano pasado, o vídeo das lavandeiras era espectacular”, lembra María Xosé. Tanto gustou que o audiovisual proxectouse este ano no Encontro de Lavandeiras de Sillobre.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora