Os mellores murais do mundo

Os mellores murais do mundo
04 de Xaneiro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O Charanguista Andino de Fene opta para o mellor mural do mundo de 2024. Foi elixido o segundo mellor mural do mundo en setembro pola plataforma Street Art Cities. Fronte a escola Concepción Arenal en Chamoso, o artista Cristobal Persona representou un músico andino, tocando un instrumento chamado charango.

Fotografia Xan Xe

É á única obra de Galicia escollida para optar a mellor mural do mundo. Pódese votar na páxina web https://streetartcities.com. Hai que confirmar o voto no correo electrónico. O prazo para votar remata o sábado 25 de xaneiro. Os emigrantes de Fene en América impulsaron a construción da escola Concepción Arenal. A poucos metros, un artista procedente de Sudamérica pechou o círculo colaborativo traendo a súa obra a Fene.. A mensaxe podería ser que todas as persoas temos os mesmos dereitos e deberes sexa cal sexa o lugar de nacemento. A cultura e a arte unen neste caso a Galicia e a Chile a través desta iniciativa do Perla mural fest

 

Na imaxe Sfhir pintando A violoncelista de Fene, escollido mellor mural do mundo en 2023.

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora