ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Outlet de Fene xa está en marcha. Grandes ofertas son o reclamo dos dezaoito comercios participantes na iniciativa da que falou en Radio Fene a concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira.
Apoio ao comercio local, no que podemos comprar de todo sen saír de Fene. Destacou a concelleira Ángeles Coira sobre esta cita que se celebra ata o domingo 9 de marzo, coa participación de dezaoito establecementos feneses. Durante tres días ofrecen descontos especiais en produtos de moda, calzado, complementos, deporte e xogos entre outras cousas. Os comercios que se sumaron a esta nova edición do Outlet son: A Tenda Agasallos, Berline Boutique, Bualá, Calzados Locay, Cáprica Cómics y Juegos, DaMa Fene, El Baúl de Bego, Jomer, Kenia, Koralli Boutique, Lencería Loly Calvo, Lualé 114, Más Sport, Mayka Moda, Costuras Mercería e Lencería, ZSR Zapatería, Un Pedacito de Mí e Mi Pachu.
Con motivo da celebración do Outlet, ampliarán o seu horario de atención ao público ata o domingo pola mañá. O evento desenvolverase nos seguintes horarios: venres e sábado, de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 h; e domingo de 11:00 a 13:30 h.
Publica o teu comentario agora