ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O campamento Km0 SurfCamp Deputación de Lugo reunirá nas costas lucences á élite do surf galego e de toda España os próximos días 11,12 e 13 de marzo. Os deportistas farán de embaixadores da comarca de A Mariña e realizarán exhibicións, visitas ós lugares emblemáticos e clases maxistrais.
A próxima fin de semana acudirán a Ribadeo e Foz surfistas galegos como Gony Zubizarreta ou Pablo Romero ademais doutros desportistas nacionais que se atopan entre os mellores do mundo, Kepa Acero, Jonathan González, Pablo Solar, Iván Villalba ou Hodei Collado.
As actividades comezarán o venres 11 coa presentación dos participantes. O sábado haberá unha exhibición nas praias de Ribadeo ademais de unha visita á praia das Catedrais. Pola tarde percorrerán un tramo do Camiño de Santiago que discorre pola costa e mais haberá unha demostración de wake-surf noctruno na ría ribadense. O domingo 13 de marzo a xornada arrincará na praia da Rapadoira en Foz, onde os renombrados surfistas se meterán na auga con todos aqueles que queiran intentalo. Para quen non dispoña de material, a organización prestará todo o necesario.
David Martínez, organizador do evento en colaboración coa Deputación de Lugo, destacou que “é unha forma imaxinativa e novedosa de impulsar a Mariña no inverno, consguindo desestacionalizar a promoción dos mais de cen kilómetros de costa que temos”. Estas xornadas surfeiras teñen como obxectivo impulsar o coñecemento no exterior e promocionar a zona da costa lucense como destino de deporte para os amantes do mar e destacar as bondades turísticas que se ofrecen ós visitantes.