ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Contando ciencia. Un mércores de cada mes de aquí a xuño fálase de ciencia na Casa da Cultura de Fene. O programa ten como obxectivo achegar a ciencia á poboación. A divulgación científica é o conxunto de actividades que interpretan e fan accesible o coñecemento científico á sociedade. Iso é o que pretende o ciclo “Contando ciencia”, organizado pola biblioteca do IES de Fene. Comeza ás sete e media desta tarde na Casa da Cultura de Fene cunha charla da física Susana Bayo sobre a ciencia e o cambio climático.
En nome da organización, a profesora Violeta Miraz falou esta mañá en Radio Fene dos obxectivos do ciclo.
Publica o teu comentario agora