ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A compañía de monicreques Viravolta e García MC, membro de Dios ke te Crew, unen as súas forzas en Titerehop. Esta iniciativa formativa, que está a percorrer os distintos recunchos de Galicia como parte do programa FalaRedes, diríxese a rapaces de entre 13 e 18 anos. Inclúe dous obradoiros -un de hip hop e outro de “construción dun títere que cante”- e conclúe cunha posta en escena do aprendido na que a mari
O obxectivo principal do proxecto é promover o galego entre a mocidade, pero desde a compañía Viravolta coidan que pode servir tamén para achegar o mundo dos monicreques a este sector poboacional. “Pensan que os títeres son exclusivamente para nenos, así que temos constantemente que loitar contra ese erro”, explica Anxo García.
Titerehop é unha das tres iniciativas do programa FalaRedes, posto en marcha pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística. Para os nenos de 6 a 12 anos diríxese unha pequena caravana que proxecta curtas de animación en galego e para o público familiar esta pensado o espectáculo de contacontos O señor das dunas. En total, FalaRedes prevé 250 sesións en 90 escenarios diferentes.