Os mosteiros de cando Galicia era reino

Os mosteiros de cando Galicia era reino

10 de Agosto, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

San Antoniño de Toques e San Xoan de Caaveiro comezaron a construirse no século dez. Ao menos esa é a data citada nas primeiras referencias escritas dos cenobios da terra de Melide e das fragas do Eume. Comparten a súa instalación en entornos paisaxísticos de singular beleza. Lugares recónditos de tranquilidade e paz onde a auga dos ríos marca o paso do tempo.

A igrexa de San Antoniño de Toques foi parte dun antigo mosteiro que tivo un rico pasado como abadía. Hai doazóns no ano 974 e 976. Caaveiro establécese no ano 934. O rei de Galicia García tamén favorece á igrexa e mosteiro de Toques cunha doazón ao abade Tanoi en 1067. Dese documento despréndese a posible existencia dunha capela primitiva nun cumio, e dun novo edificio nun lugar mellor. Afonso VI en 1077 confirma o seu coto. En 1515 o mosteiro adopta a nova regra benedictina, renunciando o abade Xácome Yañez á súa abadía. Pasa a depender do mosteiro de San Paio de Antealtares e logo de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela. É o inicio dun certo devalar, segundo apunta Xosé Manuel Broz Rei na súa monografía "Santantoíño de Toques".

Sociedade