ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
700 inscritos pero moitos máis moteiros seguirán durante a fin de semana a IV Concentración moteira Cidade de Narón. De novo o paseo marítimo de xubia acolle aos amantes das duas rodas que non precisan motivos para verse e disfrutar ao manillar.
O paseo marítimo de Xubia acolle ata o domingo a IV Concentración Moteira de Narón, organizada polo motoclub “fojeteiros”. Exibicións acrobáticas, xogos e desfiles agardan aos amantes dos veículos de duas rodas. Para encontrarse e para amosarse aos demais faise esta concentración, segundo o presidente do Club, Santiago Galego.
700 moteiros confirmaron a sua presencia este ano. Unha zona de acampada acolle aos visitantes de fora, que mercando un vale de 30 euros terán dereito á manutención durante toda a fin de semana. Ás seis da tarde inaugurase a concentración e pouco despois empezará a musica, hoxe cos grupos locais Obelisk, Blues on Band e Frank.