Os museos composteláns intercambian coleccións para o Día dos Museos

Os museos composteláns intercambian coleccións para o Día dos Museos

15 de Maio, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

Do 12 ao 26 de maio, o Museo do Pobo Galego, o Museo das Peregrinacións de Santiago, o Museo Fundación Eugenio Granell, o Museo Pedagóxico de Galicia, o Museo da Catedral de Santiago e o CGAC, agochan nas súas salas obras que proveñen doutras coleccións. Esta mirada entrecruzada permite, amosar pezas que cambian de contexto por uns días, provocar novos signif

Co gallo do Día Internacional dos Museos (DIM) o CGAC coordínase con outros espazos expositivos e propón percorrer diferentes museos da cidade na procura de pezas que, por uns días, cambian de lugar. As coleccións que albergan as institucións museísiticas crean múltiples nexos sobre os que este ano reflexiona o DIM. Estes vencellos son os que fan dos museos espazos vivos nos que se producen relacións entre xeracións, entre culturas e entre expresións artísticas.

Ademais, o 18 de maio ás 13.00 horas, o CGAC programa un concerto multimedia centrado na música electrónica. O espectáculo creará unha atmósfera entre o real e o virtual onde os intérpretes serviranse tanto de instrumentos musicais clásicos como de vídeos e audios manipulados con mandos da PlayStation.

As pezas estarán a cargo dos músicos Germán Alonso (Ecce Saturnus (2013), anti-Cronia para saxofón barítono e electrónica en vivo) e Stefan Prins (Generation Kill offspring 1 (2012), percusión, violonchelo, 2 gamecontrollers, electrónica en vivo, vídeo en vivo).

Cultura