Os noivos ferroláns piden cita para casar

Os noivos ferroláns piden cita para casar

30 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os noivos con intención de casar civilmente en Ferrol teñen un novo motivo para facelo, elexir á carta o dia e hora, o idioma da cerimonia, e outras apetencias, clikando na páxina web municipal.  

O Concello de Ferrol pon a disposición dos ferroláns e ferrolás a posibilidade de consultar o calendario de vodas civís ata o 2010, a través da páxina web www.ferrol.es Así e con sólo clickar na sección de Servizos-Vodas Civís, as persoas interesadas poden consultar tanto as datas como as horas dispoñibles para realizar o casamento. A web municipal tamén inclúe a información necesaria sobre as xestións que cómpre levar a cabo para contraer matrimonio no Concello de Ferrol. Esto é, como tramitar o expediente necesario no Rexistro Civil e no propio consistorio, a través do departamento da Secretaría de Alcaldía-Protocolo. Tamén as taxas que hai que aboar ou os datos que se adoitan achegar para organizar o cerimonial, entre outros. Dende o Concello se recomenda reservar data con antelación. Nesta liña, o departamento encargado da xestionar este servizo cidadán, sinala que as parellas soen escoller data un ano e medio antes da celebración do casamento. Explican dende Protocolo que os meses con maior demanda son xuño e agosto, namentras que a principios de ano as peticións son bastante máis escasas. Por outra banda, o Concello sinala que os noivos poden optar tanto polo castelán como polo galego, así como que teñen a opción do inglés cando a parella ou algún dos contraentes non entende ningunha das dúas linguas oficiais de Galicia. Neste último caso, Protocolo traduce a parte oficial da cerimonia. Isto é, artigos do Código Civil, a fórmula do consentimento e a declaración de casados.www.ferrol.es A web municipal tamén inclúe a información necesaria sobre as xestións que cómpre levar a cabo para contraer matrimonio no Concello de Ferrol. Esto é, como tramitar o expediente necesario no Rexistro Civil e no propio consistorio, a través do departamento da Secretaría de Alcaldía-Protocolo. Tamén as taxas que hai que aboar ou os datos que se adoitan achegar para organizar o cerimonial, entre outros. Dende o Concello se recomenda reservar data con antelación. Nesta liña, o departamento encargado da xestionar este servizo cidadán, sinala que as parellas soen escoller data un ano e medio antes da celebración do casamento. Explican dende Protocolo que os meses con maior demanda son xuño e agosto, namentras que a principios de ano as peticións son bastante máis escasas. Por outra banda, o Concello sinala que os noivos poden optar tanto polo castelán como polo galego, así como que teñen a opción do inglés cando a parella ou algún dos contraentes non entende ningunha das dúas linguas oficiais de Galicia. Neste último caso, Protocolo traduce a parte oficial da cerimonia. Isto é, artigos do Código Civil, a fórmula do consentimento e a declaración de casados.

Sociedade