ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Os pés de Javi González non enganan e o xogador adiantou ao Maniños no minuto 7 do partido de fútbol da Preferente, xogado no campo do Pote fronte ao Pobra. “No que queda de abril queremos coller ánimo e aire para a final de Copa” indica o preparador Adrián Martinez.

O Maniños non puido amarrar os puntos na casa nun encontro que comezou de cara grazas a un gol de Javi González, tras unha acción a balón parado. Malia o bo inicio e o ritmo alto, o Pobra soubo dar a volta ao marcador antes do descanso (1-2) aproveitando balóns ás costas da defensa local. Na reanudación, o ritmo baixou e o Maniños acusou a falta de agresividade en ataque. "Non fomos quen de chegar á área rival", recoñeceu o adestrador Adrián Martínez, quen viu como o Pobra sentenciaba cun 1-3 ao contrataque. O equipo céntrase xa en recuperar folgos este mes de abril para afrontar con garantías a Copa.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora