Os pacientes polimedicados

Os pacientes polimedicados

21 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As XVIII Xornadas Galegas de Medicina Familiar e Comunitaria terán lugar mañá, venres 22 de novembro, e pasado, sábado 23 de novembro, no Hospital Naval do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. Están inscritos xa a este encontro da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec) máis de 170 profesionais. “Hai moitos temas de interese, pero quixemos reflectir as patoloxías con maior prevaleza e as cuestións que

A atención ás Urxencias e as técnicas de Soporte Vital Avanzado e o Manexo da Vía Aérea; a dor, os conceptos básicos, e a dor lumbar, dende a recompilación de datos na Historia Clínica ata o diagnóstico; a atención ós pacientes polimedicados: a saúde mental; os inhaladores; a atención inicial ó neno grave e á patoloxía pediátrica aguda; obradoiros sobre enfermidade cardiovascular; xenograma; e patoloxía do pé e tratamentos podolóxicos, son algunhas das cuestións que se desenvolverán a través de obradoiros.

Ademais, haberá dúas mesas redondas: Obesidade, algo máis que dietas; e o Paciente crónico/pluripatolóxico en Atención Primaria. A conferencia inaugural estará dedicada á Innovación, e será impartida por Ángel Facio Villanueva, responsable da Xerencia Integrada de Ferrol.

 

Interacción entre profesionais

A presidenta do Comité Organizador deste encontro galego destaca a participación doutras especialidades con moita interacción no día a día do especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. “Os talleres responden a cuestións que nos demandamos moito”, explica; e, ademais, “tentamos que estiveran todos os profesionais que están implicados tamén na atención primaria, como o farmacéutico, ou a atención inicial a unha urxencia que nos pode xurdir”. Neste senso, Mercedes Ferreira matiza que a Agamfec (Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria) ten un grupo de Urxencias moi activo.

 

Outras especialidades como a Pediatría ou a Endocrinoloxía teñen tamén cabida pola cada vez maior implicación co profesional especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. “Hai talleres de atención ó neno, incluído obradoiros de pediatría, con cada vez máis implicación no eido da atención primaria”. Outro exemplo de interacción neste foro de especialidades e profesionais é a Mesa Redonda sobre a Obesidade, na que participan dúas especialidades distintas Medicina Familiar e Endocrinoloxía; e no que tamén participa a Enfermaría, fundamental na atención máis achegada ó paciente.

 

Estas xornadas desenvólvense no recinto do Hospital Naval, aproveitando distintos espazos físicos para a formación do Complexo Hospitalario Universitario, o salón de actos, a aula de informática, e as novas aulas de simulación. A estas engádense tamén as aulas do 061. Nelas desenvolveranse en paralelo os 20 talleres, nos que os profesionais adquirirán novos coñecementos e mellorarán os xa adquiridos.

Sociedade