Os papeis memorabeis de María Casares

Os papeis memorabeis de María Casares
14 de Novembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

A novela gráfica “María Casares. Eu son do océano” de María Xesús Arias e Carlos Sardiña presentase o vindeiro martes dia 15 na Casa Casares Quiroga da Rúa Panadeiras da Coruña. O debuxante Carlos Sardiña, o director de Radio Fene Radiofusión Henrique Sanfiz e o escritor Antonio Tizón participarán no acto que se celebra unha semana antes do aniversario da actriz galega. María Casares naceu na Coruña o 21 de novembro de 1922. Morreu en Francia o 22 de novembro de 1996.

Fotografía Xan Xe

María Casares representou no Teatro Coliseo de Bos Aires en 1964 a obra Divinas Palabras de Valle Inclán. Segundo Luís Seoane, puxo de novo de manifesto o seu gran talento interpretativo, o seu xenio dramático e a súa adhesión a Galicia. Seoane destacou a calidade de María, o aceno, acento, voz, ao servizo deste drama. Foi unha das grandes actrices na escena europea do século vinte. O exilio con catorce anos converteu a actriz galega nun mito da escena francesa. Lady Macbeth, Fedra ou Medea foron algunhas das súas grandes creacións.  Publicou o libro “Residente privilexiada”, unha especie de memorias nas que lembra a súa relación con Albert Camús, Sartre, Cocteau ou Picasso. No cine fixo poucas películas e personaxes pero foron papeis memorábeis.

 

Na imaxe Cristina Moreira, interpretou o papel de María Casares no podcast Eu son do océano

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora